Os arquitectos axudarán ao Executivo a estudar as disfuncionalidades do urbanismo galego

Os erros, nun mapa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Xunta e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) traballarán xuntos para facer un singular mapa. Trátase de localizar nun plano os erros urbanísticos de concellos, comarcas e provincias galegas para coñecer a realidade galega. Este estudo permitirá, segundo anunciou María Xosé Caride, conselleira de Política Territorial, coñecer o tipo de doenzas urbanísticas. Sería o primeiro estadio sobre o que se definan as directrices de ordenación do territorio.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Colexio de Arquitectos de Galicia, COAG, La Voz de Galicia