Política Territorial quere negociar unha solución para os núcleos tradicionais que se ven afectados pola Lei de Costas

Protexer da protección

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A aplicación da Lei de Costas pode supor problemas para que os habitantes de asentamentos tradicionais situados a menos de cen metros do mar desenvolvan obras de mellora nos seus fogares. Agora, a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, anunciou que está a manter negociacións coa Dirección Xeral de Costas para buscar un acordo que permita manter este núcleos pero que ao tempo evite a especulación urbanística nestes terreos. Tamén hoxe coñecemos o nacemento da Coordinadora pola Defensa do Litoral do Morrazo que pretende loitar, precisamente, contra os proxectos urbanísticos que ameacen con degradar esta zona.

Máis información sobre a negociación no web da Xunta, sobre a Coordinadora en La Voz de Galicia, e en Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia, Morrazo