A homenaxe que este ano se tributou a Rosalía de Castro será o punto de partida do labor que a Consellaría de Cultura quere emprender para recuperar o traballo das creadoras galegas. Segundo asegurou este sábado Ánxela Bugallo, responsable deste departamento, hai toda unha xeración que "ata agora non tiveron nin o papel nin o coñecemento que lle correspondía". Dentro das medidas a adoptar a conselleira incluíu, canda á homenaxe a Rosalía, o Mes Violeta e mesmo ao programa "A Cultura Circula". Canda a isto, anunciou un incremento das axudas a clubs deportivos femininos e o vindeiro debut das seleccións femininas de balonmán e baloncesto.
Máis información en Galicia Hoxe unha mostra de creadoras galegas no noso Álbum de Mulleres