O Concello da Coruña transformará a antiga cadea nunha factoría cultural

A cadea da cultura

19/5/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Un punto de encontro entre creadores e asociacións para compartir experiencias e difundir actividades. Este será o destino da antiga cadea da Coruña, segundo anunciaba onte o alcalde, Xavier Losada, que anunciou a creación dunha "factoría cultural" nestas instalacións. Canda á actividade cultural, o lugar albergará un centro de día para a tención de persoas dependentes e un centro cívico para o barrio de Monte Alto. Os prazos para concretar estes proxectos estímanse nun mínimo de tres anos, cando o concello acceda a titularidade do recinto.

Máis información en La Opinión e en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Asociacións, La Opinión

Claves

Conceptos