Dous estudos revelan que os galegos somos dos que mellor durmimos e os que gardamos máis trastes

De sono e trastes

9/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Dúas compañías comerciais achégannos estes días curiosos estudos que nos definen aos galegos como durmiñóns e con tendencia a gardar trastes. Por unha banda, a marca de colchóns Flex apunta que o 80% dos galegos durme ben e érguese descansado, polo que somos os que mellor descansamos do Estado. Por outra banda, o portal de comercio electrónico eBay sinala, a partir dunha mostra de 1.500 persoas, que os galegos somos os que máis trastes acumulamos de todas as comunidades.

Máis información sobre o estudio de Flex en La Opinión; sobre o de eBay en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Opinión

Claves

Entidades