A devolución dunha subvención atrasa o nomeamento de Antonio Simón como director do CGAI

Un cargo con atraso

8/5/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Hai dúas semanas a prensa anunciaba o próximo nomeamento de Antonio Simón como director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Pois ben, a toma de posesión do cargo terá que esperar por mor dun problema administrativo. Simón recibiu en 1999 unha axuda de preto de 70.000 euros para facer a película “Verán de chumbo”. Un proxecto que non puido ser desenvolvido e, tal e como figura na propia convocatoria, obriga ao solicitante a regresar á Consellaría os cartos recibidos antes de decembro deste 2006. Sucede entón, que mentres non faga efectiva a devolución non pode ter un contrato coa Administración. Unha vez solucionado este problema, para o que xa hai prazos, farase efectivo o seu nomeamento.

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Galicia Hoxe, El Correo Gallego, La Voz de Galicia...