A Concellaría de Cultura de Forcarei busca apoios para pór en marcha un museo dedicado á banda deseñada

¿Forcarei capital?

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O primeiro museo dedicado á banda deseñada en Galicia abrirá, se non xorden contratempos, en Forcarei o vindeiro ano. Cando menos esta é a intención de Francisco Rozados, concelleiro de cultura nesta localidade que está a traballar no desenvolvemento do proxecto. A idea é que o centro preste atención á BD internacional e española ademais de amosar produción galega. Para alén de material impreso, na iniciativa xa contan cunha nutrida colección de orixinais de autores clásicos coma Jack Kirby, Will Eisner, John Buscema, John Byrne ou, máis achegados, Ibáñez, Vázquez, Serafín, Jorge, Pañella ou Manuel Gago. Na actualidade están na busca de conseguir orixinais de autores galegos. Pódese contactar con eles a través do mail leadermontes@terra.es

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Cotaredo, 14

Quiosco: Cotaredo, 14

A fala dos canteiros analízase no último número da revista Cotaredo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Forcarei, Banda deseñada, Manuel Gago, Clásicos

Claves

Protagonistas
Lugares