A empresa compostelá Cidadanía faise co contrato para canalizar as ideas públicas sobre a Cidade da Cultura

Cidadanía da Cultura

19/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
14 lecturas | Compartido 0 veces
Cidadanía, Rede de Aplicacións Sociais é a empresa que se acaba de facer co concurso público convocado para xestionar a participación cidadá no proceso de definición de usos e contidos da Cidade da Cultura. A empresa contará con 78.000 euros e cinco meses para coordinar todas as propostas que a xente teña para encher o complexo do monte Gaiás. Segundo unha nota de prensa da Consellaría de Cultura, será en setembro cando “todas as mesas sectoriais converxan nun foro -real e por Internet- no que se dirimirá o futuro dos edificios por definir”.

Máis información sobre Cidadanía no seu web e na nosa nova sobre o procedemento


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Culturagalega, Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares