Ánxela Bugallo anuncia un concurso público para canalizar a participación da sociedade na Cidade da Cultura

A Cidade a concurso

1/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
21 lecturas | Compartido 0 veces
Cando Ánxela Bugallo anunciou a paralización da construción da Cidade da Cultura advertiu da necesidade de definir os contidos do complexo do monte Gaiás. Agora, a conselleira acaba de anunciar a convocatoria dun concurso público (cun orzamento de 85.000 euros) para a contratación dunha empresa que canalice as propostas sociais sobre este tema. Ademais, a consellaría de Cultura e Deporte vén de bosquexar as primeiras ideas. Por unha banda a substitución do Edificio das Novas Tecnoloxías pola creación da “Casa Mundo”, segundo figura nunha nota de prensa sería “un espazo para a diversidade cultural e tendencias culturais emerxentes” e que podería ser sede dalgún organismo internacional como a UNESCO. Pola outra, a transformación do Teatro da Música nun espazo polivalente con dous auditorios, sala de exposición e sede dunha factoría cultural que funcionará como laboratorio de ideas e deseños.

Máis información no web da Xunta , en La Voz de Galicia en El Correo Gallego, en Vieiros e nos nosos arquivos


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Vieiros, Teatro, El Correo Gallego...