Mentres en Compostela continúa a mostra de teatro universitario, Vigo e Pontevedra celebran os seus certames aínda que non son universitarios. En primeiro lugar na cidade olívica mañá da comezo o Moare, a Mostra e Arte Escénica, coa adaptación da comedia "La fiebre del heno". E tamén mañá, en Pontevedra finalizará a IX Semana Teatral "ven veñas maio" que organiza a Coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüística dos Institutos de Pontevedra.
Moare en Vigo
Con "la fiebre del heno" mañá terá lugar o inicio de Moare, a Mostra de Arte Escénica. Un evento que traerá cada xoves ata o 28 de xuño ó Teatro Fraga de Vigo unha representación. A comedia que mañá abre o pano está dirixida por Ángel García Moreno, interpretada por María Luisa Merlo, Pedro Civera, Cruz Sánchez e Ana Soriano, unha obra que critica parte do comportamento da sociedade victoriana. A obra recolle as conversas que unha ex-actriz mantén cos seus convidados para manter as súas dotes interpretativas. Esta mostra traerá a Vigo outras obras entre as que destaca "O alcalde de Zalamea" de Calderón en versión de Enrique LLovet (24 de maio) e "O rei Lear" de Shakespeare en versión de La Danaus o día 31 de maio.
"Ben veñas maio"
Un total de cinco grupos participan na IX Semana Teatral que organiza a Coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüistica de Pontevedra e do Concello. Un evento que comezou o pasado luns e que, polo módico prezo de vinte pesos ofrecen as súas representacións no Teatro Principal. Abriron as sesións o grupo "Isto non é serio" do Instituto de Ensinanza Secundaria Frei Martín Sarmiento. Hoxe fao o proio o grupo "5 máis 5" do Instituto de Ensinanza Secundaria de A Xunqueira coa obra de Oscar Wilde "O anano e a princesa". Pecha o cilo mañá agrupación "Fiuncho" do Instituto de Ensinanza Secundaria Luís Seoane e o obradoiro de Teatro do Instituto Sánchez Cantón. Esta semana escénica vén a completar outra serie de actos como son o IX certame de narración curta, o VIII certame de banda deseñada, o II certame musical, a IX semana teatral e o primeiro certame de poesía.