Preséntanse os primeiros volumes da Obra Xornalística Completa de Carlos Casares e renóvanse os convenios para editar as obras do IGAEM

Todo Casares e moito teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Caixa Galicia e mais Galaxia presentaban onte en Vigo os dous primeiros volumes da Obra Xornalística Completa de Carlos Casares. Os libros recollen as columnas "Á marxe" que o escritor publicou en "La Voz de Galicia" entre 1992 e 1993. A intención dos editores é completar a compilación deste material en oito volumes máis, que sairán a razón de dous cada ano. Ao tempo, onte asinábase o acordo entre o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais e mais as editoras Galaxia e Xerais. Por este acordo, Xerais coeditará con este organismo a colección "Os libros do Centro Dramático", mentres que Galaxia abordará a serie "Biblioteca Básica de Teatro".

Máis información sobre a edición de artigos de Casare en La Voz de Galicia; sobre o convenio do IGAEM en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Casares, IGAEM, Teatro, La Voz de Galicia...