Un documental recupera tres temas inéditos de Andrés do Barro

O tren segue o seu camiño

Fene acolleu esta semana o acto de presentación do documental co que Anxo Fernández lembra a traxectoria artística e persoal do cantante Andrés do Barro (Narón, 1947- Madrid, 1989). Xavier Alcalá, Cuqui Silva (letristas do artista), Nonito Pereira, Xoán Rubia, Manuel Torreiglesias, Pepe Domingo Castaño o falecido Joaquín Luqui participaron neste traballo de quince minutos de duración que se estreará oficialmente no mes de setembro. O documental inclúe tres temas inéditos do primeiro fito do pop galego que trunfou nas listas de éxitos.

Máis información sobre o documental en La Voz de Galicia e sobre a súa figura no noso tema