Hoxe, 27 de marzo é o DÃa Mundial do Teatro. Unha efeméride que aproveitaron varias institucións para ofrecer novas relacionadas co sector escénico. Dunha banda o Consello da Cultura Galega (CCG) que visitou as instalacións da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, da que foi o principal impulsor. Na visita o presidente da institución, Alfonso Zulueta de Haz, presentou o segundo volume do “Anuario de estudos teatrais”, unha publicación que lle cede á escola para que lle dea continuidade. Ademais, o IGAEM deu a coñecer hoxe as convocatorias de axudas para a produción escénica cun importe de 1.510.000 euros. ConfÃrmase o incremento do apoio destinado á danza, con liñas de axudas á produción e á distribución, que tamén afecta ao teatro e mais a música. Ademais, segundo esta convocatoria haberá cartos para a dotación e investimentos nos espazos da Rede de Teatros (120.000 euros), para que as salas privadas poidan programar (85.000 euros), fomentar o estudo e a investigación (60.000 euros) e a actividade asociativa (220.000 euros).
Máis información sobre o Consello da Cultura no seu web e sobre as liñas de axuda ao sector escénico no web da Xunta