O Concello da Coruña empregará sinais en galego para non perder as subvencións da Consellaría de Industria

O La tiña un prezo

24/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O anuncio da Consellaría de Industria de que retiraría as axudas en materia turística ao Concello da Coruña se non empregaba o topónimo en galego tivo efecto. O Consorcio de Turismo Coruñés, dependente do Concello, modificará as sinalizacións da zona da Torre de Hércules, que ata o de agora só estaban en castelán e estudará fórmulas para que os carteis aparezan en galego. A Mesa pola Normalización apoiou esta medida e animou a outras consellaría a que sigan camiños semellantes para presionar a prol do topónimo galego da cidade.

Máis información en Galicia Hoxe; en La Opinión e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Consellaría de Industria, Turismo, Torre...