Presentado no Salón 2000 o "cine para invidentes"

Cine en Braille

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Moi pronto todas aquelas persoas que padezan dunha capacidade visual diminuida, total ou parcial, poderán ver proxeccións de cinema. Este avance vai a ser posible gracias a un receptor que recibe e decodifica as mensaxes que lanzan dous emisores situados a ambos lados da pantalla. A novidade foi presentada no salón vigués " Capacidad 2000"

Novidades

Este sistema de cinema para invidentes é unha iniciativa novidosa denominada SIMA (sistema de integración de Minusválidos Audiovisuais para invidentes, discapacitados visuais e persoas maiores) foi desenvolvido por Siemens e presentado ó Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía para a súa inclusión no programa PROFIT, para o fomento da investigación técnica. O sistema goza de dous aparellos un situado a ámbolos dous lados da pantalla e outro receptor móbil que ten o espectador. O invidente dispón dun discreto auricular, no que reciben as mensaxes que foran redactados e dobrados por un equipo de profesionais expertons no coñecemento das necesidades do colectivo ó que vai dirixido.

Salón Capacidade 2000

O salón "Capacidade 2000" desenvólvese paralelamente a Vigo feira no Instituto Feiral de Vigo e acolle un congreso neuro-muscular que se desenvolve ata o próximo mércores. Entre as iniciativas presentadas está este sistema de cinema para invidentes, e axudas técnicas a ortopedia e adaptacións específicas para todo tipo de problemas e enfermidades neuro-musculares.

Que che parece esta nova?
13 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Feira, Tecnoloxía, Ciencia...

Claves

Lugares