Galicia perdeu no ano 2000 máis de nove mil habitantes

Imos a menos

O Instituto Nacional de Estatística acaba de facer públicos os datos avance do Movemento Natural da Poboación no ano 2000. Uns resultados que son negativos para Galicia, porque revela que ten un crecemento vexetativo negativo, é dicir, que morren máis persoas das que nacen; en total este ano somos 9.228 persoas menos que o ano pasado.

Saldo negativo


O ano 2000 saldouse en Galicia con crecemento negativo. de feito, segundo revelan as estatísticas do Instituto Nacional de Estatística (INE) en Galicia naceron 19.468 persoas pero morreron 28.756, o que da un resultado final de menos 9.288. Un balance que sitúa a Galicia á cabeza de España en canto a pérdida poboacional.
A taxa de nacementos sitúase en Galicia no 7´17, moi por debaixo da taxa estatal que está no 9´91 (que, por outra banda, tamén sufriu un crecemento do 9´58 ó 9´91).
Pola demais, a taxa de mortalidade está no 10´6, sengo unha das máis altas do estado, só superada por Aragón (10´68) e Asturias (10´68).












Matrimonios, tamén poucos


O avance do Movemento Natural da Poboación tamén ofrece datos sobre o número de matrimonios en Galicia, o que sitúa a taxa de nupcialidade no 4´65. Ou o que é o mesmo, cásanse en Galicia catro persoas por cada mil habitantes. Se o comparamos co que acontece no resto do Estado temos que Galicia é a cuarta pola cola en canto ó número de parellas que deciden contraer matrimonio.