Sada celebra a súa II Mostra de Teatro mentres Redondela prepara o programa do seu Festival de Títeres

Don T

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Este domingo comeza en Sada a II Mostra de Teatro coa presenza de grupos da localidade e das Pontes, da Coruña, de Vigo, de Ourense e do País Vasco. A organización deste festival pretende lembrar a Manuel Lugrís Freire, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, poñendo o seu nome aos premios do certame (mellor actriz, mellor actor e mellor montaxe). Por outra banda, en Redondela a Asociación Xente Titiriteira está a ultimar o programa do VII Festival Internacional de Títeres “Memorial Juanjo Amoedo” que se celebrará entre o 22 e o 28 de maio. O que xa se sabe, é que este ano contará con 14 compañias de oito países que levarán os seus espectáculo aos municipios de Porriño e Moaña.

Máis información sobre a Mostra de Sada no web de Radio Sada e sobre o festival de Títeres no Faro de Vigo e no seu web

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sada, Teatro, Redondela, Manuel Lugrís...