A editorial Galaxia presenta o seu novo web mentres se confirma a súa participación na I Feira do Libro de Marín

Galaxia: de Marín á rede

15/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Galaxia volta ao ciberespazo logo dunha longa ausencia e presenta o seu novo web. Servizos de comercio electrónico, un amplo catálogo de obras e de autores e versións electrónicas das mostras que organiza esta editora son as principais características deste sitio. Ao tempo, confírmase a presenza da editora na I Feira do Libro de Marín. Este evento, que contará coa participación de diferentes librarías locais, amplía o número de acontecementos dedicados á lectura que se desenvolven no noso país.

Máis información no web de Galaxia e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marín, Feira do Libro, Feira, Editorial Galaxia...