Galaxia traduce a novela "Balada do mar salgado" mentres Prado lanza o relato ilustrado "Belo Horizonte"

Parabandas en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os últimos lanzamentos dos que temos noticia non son exactamente BD, mais teñen bastante a ver co noso medio. Galaxia anuncia o inminente lanzamento da novela "Balada do mar salgado", de Hugo Pratt. Nesta obra, o autor achega unha versión en texto do cómic do mesmo título, primeiro protagonizado por Corto Maltés. A editora anuncia para os vindeiros meses a edición de "O desexo de ser inútil", un libro de memorias no que o mesmo autor repasa a súa biografía a partir de diferentes entrevistas. Ao tempo, sabemos da saída á rúa de "Belo Horizonte", un relato ilustrado de Miguelanxo Prado no que o autor nos achega a súa visión desta cidade brasileira.

Máis información no boletín de novas de Galaxia e no web de Norma Editorial

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Hugo Pratt, Miguelanxo Prado, Cómic, Editorial Galaxia

Claves

Entidades
Conceptos