Euloxio Ruibal entrará na RAG cun discurso sobre teatro e cinema mentres se suceden as quinielas sobre o director o Centro Dramático

A Academia e o Centro a escena

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
"Do escénico e o fílmico. Notas sobre a linguaxe teatral no cinema contemporáneo" é o título do discurso co que Euloxio Ruibal ingresará na Real Academia o vindeiro día 24. O autor reivindica neste texto a importancia da arte escénica de cara á renovación expresiva do cinema, e insiste na necesidade de descentralizar a actividade teatral. Ao tempo, segundo informa "Galicia Hoxe" a Consellaría de Cultura está a ultimar os contactos para ter, o vindeiro día dezasete, un novo director no Centro Dramático Galego. Segundo este xornal, Cándido Pazó, Camilo Franco, Cristina Domínguez e Lino Braxe son algúns dos nomes con máis posibilidades para suceder a Ánxeles Cuña no cargo.

Máis información en Galicia Hoxse sobre o discurso de Ruibal; sobre os candidatos á dirección do CDG

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Teatro, Cristina Domínguez, Lino Braxe...