O álbum “Avós”, editado por Kalandraka terá unha tradución no mercado xaponés

Avós orientais

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Escrito por Chema Heras e ilustrado por Rosa Osuna, e”Avós” aborda a naturalidade coa que unha parella de anciáns afronta as evidencias da idade. A tradutora ao xaponés do texto é a xornalista Maki Fukuhara, especializada no eido médico. Unha das inquedanzas que Maki Fukuhara pretende sacar á luz coa edición de “Avós” en xaponés é “tomar medidas contra a depresión xeriátrica”, unha enfermidade que en Xapón ten una elevada incidencia nos anciáns”. Kalandraka vén de facer unha nova edición deste libro, no que Chema Heras -docente nun centro educativo de Cambados- se vale dun texto poético para relatar a actitude vital e exemplar coa que os protagonistas enfocan a súa madurez. As ilustracións de Rosa Osuna acentúan o lirismo da obra, que no ano 2003 foi galardoada co Premio Llibreter polo Gremio de Libreiros de Cataluña.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Tradución, El Correo Gallego, Xapón...