O presidente Emilio Pérez Touriño inicia este fin de semana unha visita por Arxentina. Entre a comitiva de 44 empresarios que viaxará a este paÃs figura Pancho Casal, vicepresidente do Clúster do Audiovisual Galego en representación dos asociados da entidade. A Xunta asinará un acordo co Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais (INCAA). Non é a única visita ao estranxeiro que realizará o Clúster, xa que a partir do 23 de marzo varios membros da organización desprazaranse a Tokyo para participar no “Tokyo Anime Fair 2006”, a principal feira de animación xaponesa. Non de audiovisual, pero tamén de promoción no exterior, está a viaxe que o Conselleiro de Innovación, Juan Blanco, está a facer por BerlÃn, onde se celebra unha das feiras do sector turÃstico máis importantes do mundo (a ITB, a Bolsa Internacional de Turismo de BerlÃn). A delegación encabezada por Blanco está a promover o turismo cultural e termal de Galicia.
Máis información no web do Clúster sobre as súas visitas, e sobre a viaxe de Juan Blanco no web de El Correo Gallego