O IGAPE e Caixa Galicia aproveitan a presentación do web do Clúster para incidir no seu apoio ao audiovisual

A propósito da web

26/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Creouse hai tres anos, pero acaba de remudar para converterse nun referente da comunicación na rede para a produción audiovisual galega. O venres presentouse a nova web do Clúster Audiovisual Galego que realizou Softgal co financiamento do IGAPE e de Caixa Galicia. Dúas entidades que aproveitaron a ocasión para insistir en que continuarán financiando os produtos audiovisuais. Outros que reiteran axudas, son os do goberno para a Real Academia Galega. Agora, a Consellaría de Innovación e Industria acaba de asinar un convenio de colaboración para a produción de servizos e contidos do web da Academia. Entre os preto de 50.000 euros que achegan inclúese a publicación na rede do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (Volga)

Máis información en La Voz de Galicia e no web do Clúster; sobre os cartos para o web da RAG en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igape, Caixa Galicia, Lingua galega, Clúster Audiovisual Galego...