Innovación e Industria achega case cen mil euros á RAG e á AELG para mellorar os seus sitios web

Inxección de innovación

26/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
A Consellaría de Innovación e Industria acaba de asinar un convenio de colaboración para a produción de servizos e contidos do web da Academia. Entre os preto de 50.000 euros que achegan inclúese a publicación na rede do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (Volga). Por outro convenio a mesma Consellaría achegará 48.000 euros máis a Asociación de Escritores en Lingua Galega para a dixitalización de 3.000 documentos de distinta natureza e o posterior desenvolvemento dunha sección no sitio web da Asociación para a publicación dos devanditos documentos e a creación dun sistema de procuras. A Asociación creará tamén un espazo didáctico no web.

Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Vieiros, Escritores, Natureza...