A Coruña acolle desde mañá outro encontro de teatro universitario

E van...

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Teatro universitario por todas partes. Ourense, Vigo... e agora A Coruña. Nesta ocasión son oito os grupos que participan nas VIII Xornadas de Teatro Universitario da Coruña, organizado polo Servicio de Extensión Universitaria e que se desenvolverán desde mañá ata o día 29.

Programa

A actuación que inaugurará os encontros será o do grupo Hac Luce, da Universidade coruñesa, que representará a obra "O campo", que trata sobre a represión da individualidade nun réxime autoritario. Será o sábado e o domingo no Fórum Metropolitano. Onda Hac Luce intervirán outros seis grupos galegos e o mexicano La Vuelta, que ofrecerá o monólogo "La loca de Miramar".


Prezos e horario

Xa están á venda os bonos para asistir ás oito representacións que se celebrarán ás oito e media da tarde no Fórum Metropolitano. O prezo dos bonos será de mil cincocentas pesetas, e poderán adquirirse entradas para cada obra a trescentas pesetas o estudiantes universitarios e a cincocentas as persoas alleas á institución.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, A Coruña, Vigo, Ourense...