Abre en Madrid a Fundación Feima para dar promover e respaldar artistas galegos

Arte que bota por fóra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O matrimonio galego Jesús Rei e Lucía Bouzas acaba de crear en Madrid a Fundación Feima, unha sociedade creada para difundir e promover a arte e a cultura galega, e promover os novos artistas galegos en Madrid. A Fundación abrirá a súa sede o 28 de abril na rúa Fernando o Santo en Madrid con obras de Laxeiro, Antonio Murado e Antón Lamazares. Outro día 28, pero de febreiro, abrirá as súas portas en Zaragoza a segunda edición de “Interzonas”, un encontro europeo no que a organización selecciona un proxecto por comunidade, e que aborda este ano a fronteira entre os soportes da pintura. O proxecto galego seleccionado foi o presentado polo crítico de arte Jose Manuel Lens que leva o pintor lalinense Álvaro Negro. Non é o único galego que participa nestes encontros xa que o coruñés Nilo Casares representará a Valencia, comunidade na que vive habitualmente.

Máis información en El Correo Gallego e no web de Interzonas

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Álvaro Negro, Laxeiro, Antón Lamazares...