A Fundación Laxeiro outórgalle o seu premio anual a Xaime Illa Couto polo seu traballo a prol da cultura

Un Laxeiro para Illa

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O longo traballo que Xaime Illa Couto vén realizando desde hai máis de cincuenta anos a prol da cultura do país viuse recoñecido onte co premio Laxeiro, que outorga en Vigo a fundación do mesmo nome. Illa Couto participou en 1950 na fundación de Galaxia e estivo tamén involucrado no nacemento de Zeltia entre outras moitas iniciativas. Problemas de saúde impedíronlle ao homenaxeado acudir ao acto de celebración. Recolleu o premio Antonio Montero Carro, xerente do Consello da Cultura Galega.

Máis información no web da Fundación Laxeiro e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Fundación Laxeiro, Vigo, Consello da Cultura Galega...