A asociación A Troita Armada organiza unha cea temática dedicada á banda deseñada este Entroido

¡Tintín, a cear!

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O vindeiro luns de Entroido, día 27, os interesados teñen a ocasión de achegase ao mundo da BD dun xeito ben orixinal. A Asociación Gastronómica e Cultural A Troita Armada organiza ás dez da noite no seu local de Santiago unha cea con esta temática. Para acudir cómpre ir disfrazados de personaxes da novena arte. Como exemplos, deste este colectivo apuntan o Capitán Haddock, Tintín, Obelix, Corto Maltés, Mafalda, Os Dalton, Gardfield ou o Marsupilami. Para asistir, hai que contactar no teléfono 981 891319.

Máis información no web da Asociación e no noso tema sobre este colectivo

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Tintín, Banda deseñada, Culturagalega

Claves

Entidades