Ademais dos monumentos, dos grandes nomes, dos acontecementos destacados, a Historia escríbese tamén día a día e desde o lugares máis cotiáns. Conscientes desta idea, e partindo da perspectiva gastronómica, os membros da asociación A Troita Armada, acaban de tirar do prelo "A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios", un percorrido pola capital, barrio a barrio, a partir das súas tascas.
Vai para once anos que Compostela acolle no seu seo un activo grupo de conspiradores. A Sociedade Gastronómica A Troita Armada desprega desde 1995 un intenso traballo de investigación e de experimentación culinaria. As iniciativas destes activistas van desde ceas temáticas ata a realización de charlas sobre temas sociais de actualidade e a defensa da cociña tradicional fronte ao fast-food. "Somos unha asociación cultural e gastronómica, e a nosa idea é achegarnos á cultura desde a gastronomía", explica Quico Lourenzo, un dos coordinadores do colectivo. Unha das propostas que desenvolve a sociedade son as rutas de viños que os levan a coñecer, barrio a barrio, as tabernas da cidade, e en ocasión chegan mesmo fóra de Compostela. A partir destas saídas e dun destacado labor de documentación, o grupo desenvolveu un intenso coñecemento sobre este peculiar punto de vista da capital. E neste mesmo mes presentaron a luz unha escolma deses saberes, "A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios".
O libro
"A edición está feita nun formato de fichas, e dedicámoslle dúas páxinas a cada barrio", sinala Lourenzo. "En cada un faise mención a un feito da historia compostelá e menciónanse as rutas que nós fixemos. Metemos tamén cartografía e datos estatísticos que nos proporcionou o concello, para ter unha idea de cantos habitantes hai por cada barrio e que rúas os compoñen", apunta. Nalgúns casos, desde a Troita recoñecen a posibilidade de que xa teña desaparecido algún dos locais que recensionan. "Non está feito exactamente coma unha guía. Por exemplo aparece a ruta que fixemos polo barrio de Sar en 1994, pero poida que moitos dos viños xa non estean alí. O obxectivo é mais dar a coñecer os barrios". De xeito curioso, os compoñentes deste colectivo non tiñan en mente facer unha publicación cos coñecementos que ían acumulando, e foi unha convocatoria de subvencións para as asociacións faceren publicacións en galego o que os animou a poñerse en marcha.
Explorar o barrios
Nada menos que sesenta expedicións ao longo de oito anos á busca de bares, de xentes e de historia están detrás desta obra. Para preparar cada unha destas excursións, un ou dous exploradores do colectivo achéganse á zona e observan os bares que máis lles poden interesar polas súas peculiaridades ou antigüidade e organízanse nunha lista de sete ou oito. "Se no lugar sabemos dalgún elemento que nos interesa, contactamos con algún especialista que nos poida contar algo", lembra Lourenzo. Foi o que fixemos por exemplo en Santa Marta, na zona do Castelo da Rocha, onde nos acompañou a historiadora Encarna Otero e nos explicou a historia e as características do edificio. Logo tomamos uns viños pola zona, metémonos polas rúas e vimos como se conserva o trazado do barrio".
Historia
Esta achega enolóxica á historia local conta cunha destacada dose de investigación. "Houbo un labor de documentación importante. Contamos coa colaboración de Mercedes Pinto, que é socia e historiadora e xa fixera algunha publicación sobre hostalaría compostelá", aclara Lourenzo. Deste xeito, por exemplo, cómpre investigar un pouco para ver que a tradición de comer a unlla no barrio de San Lázaro vén das ofrendas de porco que se facían a este patrón pola curación dos leprosos que se coidaban no lazareto que alí había. Sen chegar a historias tan antigas, o traballo que realizou a Troita recolle tradicións coma o París-Dakar, mítica ruta de viños entre os bares do mesmo nome estritamente regulamentada polos estudantes en canto a paradas e avituallamentos. "Nalgúns casos menciónanse bares destacados coma algún do Franco ou O Mosquito en San Pedro, que era e continúa a ser moi famoso polo seu licor café e mais o loro que ata a hai pouco tiñan alí", apunta Lourenzo, que insiste, no etanto, en que non é este o contido principal da obra.
Antropoloxía
E é que, de tapas, pode aprenderse moito. Por exemplo, a curiosa distribución por barrios que, ao longo do tempo foron facendo os inmigrantes que chegaban a Compostela desde o rural. "Descubrimos a importancia da xente do Val de Amaía ou A Barcala desde o Carme de Abaixo, ou xentes do Xallas desde Vista Alegre, de Arzúa e Melide desde San Pedro e San Lázaro, da Ulla desde O Castiñeiriño e A Pontepedriña..." explican os autores da obra. "Esta é unha observación espontánea que non está comprobada cientificamente, pero poste a preguntarlle á xente de onde é, e semella que os inmigrantes van quedando na zona de Compostela máis próxima á súa aldea", sinala Lourenzo. "É curioso, pero é así, ao mellor ten que vir alguén con máis coñecementos para facer un estudo científico sobre este feito".
Outra escrita de tabernas
A achega literaria ás tabernas conta no noso país con antecedentes tan destacados coma Álvaro Cunqueiro. O mindoniense iniciara en 1946, na revista "Finisterre" a serie de artigos "Historia das tabernas galegas" que, finalmente quedou inconclusa. Precisamente sobra a cidade que agora retrataron os membros da Troita aseveraba que "onde real e verdadeiramente se bebe é nas tabernas de Santiago de Compostela. Bébese alí un viño que aprendeu a trepidar nas barricas cando repican as campás basilicais". E recolle uns nomes hoxe maioritariamente esquecidos... "o Padre Benito, o Túnel, o Senado, o Tanque...". Precisamente na primeira delas, sita no corazón do casco histórico, onda o muro do convento de San Paio, o escritor asegura que tiña reservada a cunca número 22, e lembra a pintura dun franciscano axeonllado ante un bocoi que lle daba nome.
Futuros tabernarios
Aínda que polo momento non barallan a posibilidade de facer unha reedición desta obra, A Troita Armada continúa as súas actividades e saídas nocturnas, que de certo lles han achegar información abonda para un posible novo volume. A vindeira expedición será un retorno ao barrio de Sar. Ademais, logo da saída do libro, xa lles comezan a chegar novas sobre este ámbito da cidade. Por exemplo, que o famoso loro do mosquito, ao contrario do que afirman no libro, aínda vive. "Díxonos unha rapaza do barrio que non se pode ver e que o sacaron do bar, pero que aínda está vivo. Polo momento non o puidemos comprobar." Ademais destas saídas, o colectivo ten previsto desenvolver en breve dúas novas ceas temáticas, unha viaxe a Euskadi e á Rioxa, e un concerto de clarinete "sempre arredor dun bo viño". Lourenzo anima aos interesados a participar nas actividades do grupo, e lembra que a publicación pode adquirirse no local da Troita e, proximamente, en librerías e locais da cidade por oito euros. Un xeito diferente de ollar a historia.
Unha escolma da guía.Vai para once anos que Compostela acolle no seu seo un activo grupo de conspiradores. A Sociedade Gastronómica A Troita Armada desprega desde 1995 un intenso traballo de investigación e de experimentación culinaria. As iniciativas destes activistas van desde ceas temáticas ata a realización de charlas sobre temas sociais de actualidade e a defensa da cociña tradicional fronte ao fast-food. "Somos unha asociación cultural e gastronómica, e a nosa idea é achegarnos á cultura desde a gastronomía", explica Quico Lourenzo, un dos coordinadores do colectivo. Unha das propostas que desenvolve a sociedade son as rutas de viños que os levan a coñecer, barrio a barrio, as tabernas da cidade, e en ocasión chegan mesmo fóra de Compostela. A partir destas saídas e dun destacado labor de documentación, o grupo desenvolveu un intenso coñecemento sobre este peculiar punto de vista da capital. E neste mesmo mes presentaron a luz unha escolma deses saberes, "A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios".
O libro
"A edición está feita nun formato de fichas, e dedicámoslle dúas páxinas a cada barrio", sinala Lourenzo. "En cada un faise mención a un feito da historia compostelá e menciónanse as rutas que nós fixemos. Metemos tamén cartografía e datos estatísticos que nos proporcionou o concello, para ter unha idea de cantos habitantes hai por cada barrio e que rúas os compoñen", apunta. Nalgúns casos, desde a Troita recoñecen a posibilidade de que xa teña desaparecido algún dos locais que recensionan. "Non está feito exactamente coma unha guía. Por exemplo aparece a ruta que fixemos polo barrio de Sar en 1994, pero poida que moitos dos viños xa non estean alí. O obxectivo é mais dar a coñecer os barrios". De xeito curioso, os compoñentes deste colectivo non tiñan en mente facer unha publicación cos coñecementos que ían acumulando, e foi unha convocatoria de subvencións para as asociacións faceren publicacións en galego o que os animou a poñerse en marcha.
Explorar o barrios
Nada menos que sesenta expedicións ao longo de oito anos á busca de bares, de xentes e de historia están detrás desta obra. Para preparar cada unha destas excursións, un ou dous exploradores do colectivo achéganse á zona e observan os bares que máis lles poden interesar polas súas peculiaridades ou antigüidade e organízanse nunha lista de sete ou oito. "Se no lugar sabemos dalgún elemento que nos interesa, contactamos con algún especialista que nos poida contar algo", lembra Lourenzo. Foi o que fixemos por exemplo en Santa Marta, na zona do Castelo da Rocha, onde nos acompañou a historiadora Encarna Otero e nos explicou a historia e as características do edificio. Logo tomamos uns viños pola zona, metémonos polas rúas e vimos como se conserva o trazado do barrio".
Historia
Esta achega enolóxica á historia local conta cunha destacada dose de investigación. "Houbo un labor de documentación importante. Contamos coa colaboración de Mercedes Pinto, que é socia e historiadora e xa fixera algunha publicación sobre hostalaría compostelá", aclara Lourenzo. Deste xeito, por exemplo, cómpre investigar un pouco para ver que a tradición de comer a unlla no barrio de San Lázaro vén das ofrendas de porco que se facían a este patrón pola curación dos leprosos que se coidaban no lazareto que alí había. Sen chegar a historias tan antigas, o traballo que realizou a Troita recolle tradicións coma o París-Dakar, mítica ruta de viños entre os bares do mesmo nome estritamente regulamentada polos estudantes en canto a paradas e avituallamentos. "Nalgúns casos menciónanse bares destacados coma algún do Franco ou O Mosquito en San Pedro, que era e continúa a ser moi famoso polo seu licor café e mais o loro que ata a hai pouco tiñan alí", apunta Lourenzo, que insiste, no etanto, en que non é este o contido principal da obra.
Antropoloxía
E é que, de tapas, pode aprenderse moito. Por exemplo, a curiosa distribución por barrios que, ao longo do tempo foron facendo os inmigrantes que chegaban a Compostela desde o rural. "Descubrimos a importancia da xente do Val de Amaía ou A Barcala desde o Carme de Abaixo, ou xentes do Xallas desde Vista Alegre, de Arzúa e Melide desde San Pedro e San Lázaro, da Ulla desde O Castiñeiriño e A Pontepedriña..." explican os autores da obra. "Esta é unha observación espontánea que non está comprobada cientificamente, pero poste a preguntarlle á xente de onde é, e semella que os inmigrantes van quedando na zona de Compostela máis próxima á súa aldea", sinala Lourenzo. "É curioso, pero é así, ao mellor ten que vir alguén con máis coñecementos para facer un estudo científico sobre este feito".
Outra escrita de tabernas
A achega literaria ás tabernas conta no noso país con antecedentes tan destacados coma Álvaro Cunqueiro. O mindoniense iniciara en 1946, na revista "Finisterre" a serie de artigos "Historia das tabernas galegas" que, finalmente quedou inconclusa. Precisamente sobra a cidade que agora retrataron os membros da Troita aseveraba que "onde real e verdadeiramente se bebe é nas tabernas de Santiago de Compostela. Bébese alí un viño que aprendeu a trepidar nas barricas cando repican as campás basilicais". E recolle uns nomes hoxe maioritariamente esquecidos... "o Padre Benito, o Túnel, o Senado, o Tanque...". Precisamente na primeira delas, sita no corazón do casco histórico, onda o muro do convento de San Paio, o escritor asegura que tiña reservada a cunca número 22, e lembra a pintura dun franciscano axeonllado ante un bocoi que lle daba nome.
Futuros tabernarios
Aínda que polo momento non barallan a posibilidade de facer unha reedición desta obra, A Troita Armada continúa as súas actividades e saídas nocturnas, que de certo lles han achegar información abonda para un posible novo volume. A vindeira expedición será un retorno ao barrio de Sar. Ademais, logo da saída do libro, xa lles comezan a chegar novas sobre este ámbito da cidade. Por exemplo, que o famoso loro do mosquito, ao contrario do que afirman no libro, aínda vive. "Díxonos unha rapaza do barrio que non se pode ver e que o sacaron do bar, pero que aínda está vivo. Polo momento non o puidemos comprobar." Ademais destas saídas, o colectivo ten previsto desenvolver en breve dúas novas ceas temáticas, unha viaxe a Euskadi e á Rioxa, e un concerto de clarinete "sempre arredor dun bo viño". Lourenzo anima aos interesados a participar nas actividades do grupo, e lembra que a publicación pode adquirirse no local da Troita e, proximamente, en librerías e locais da cidade por oito euros. Un xeito diferente de ollar a historia.
Extracto da guía: "A historia de Compostela dende os viños dos seus barrios" Fonte: Sociedade cultural gastronómica "A troita armada"