Representantes dos concello de Vigo e da Cámara Municipal do Porto acordaron onte solicitar fondos ó programa Interreg da Unión Europea para crear un circuito cultural conxunto entre as dúas cidades. Como primeiro paso prevese que o Museo Serralves da cidade portuguesa e o museo de Arte Contemporánea de Vigo intercambien exposicións e realicen actividades conxuntas.
Museos
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, que se prevé entre en funcionamento este mesmo ano, desenvolverá unha programación compartida co Museo Serralves do Porto. Este proxecto implica que, ademais de realizarse intercambios de exposicións entre os dous centros, se programes mostras conxuntas, comezando unha exposición nun centro e rematando noutro ou buscando unha complementariedade que faga necesario visitar os dous museos para contemplar as mostras no seu conxunto.
Ruta cultural
O programa de coordinación entre museos enmárcase dentro dun proxecto máis amplo que pretende constituir unha ruta entre as dúas cidades. Na conversa que mantiveron onte os representantes das dúas cámaras municipais acordouse solicitar fondos do programa Interreg da Unión Europea para desenvolver este proxecto. Os outros centros que estarÃan implicados no proxecto nun comezo serÃan o planetario e o teatro municipal do Porto e o Pazo de Castrelos, a Casa do Mar e a futura Casa das Palabras de Vigo. Os fondos da Unión Europea irÃan destinados á mellora de infraestructuras, afectando en Porto á mellora da Fundación Serralves e en Vigo á reforma da Casa das Artes.
Concertos
O primeiro dos actos previstos dentro deste convenio de colaboración cultural é que sexa un dos concertos integrados na programación do Porto 2001 o que abra as actuacións do verán de castrelos, e que un dos concertos de Vigo tamén se traslade á cidade Portuguesa en marzo. Segundo os representantes da dúas cidades,este pretende ser o comezo dunha colaboración moito máis ampla, e para desenvolvela, pretenden recavar a colaboración da Xunta e da Comisión da Rexión Norte de Portugal.