O Porto de Vigo proxecta levar ao Berbés parte dos seus fondos históricos

Fotografías, libros e documentación desde mediados do XIX constitúen o groso dos fondos

| Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:

O Porto de Vigo está a restaurar a nave de redeiros, un edificio do mariñeiro barrio do Berbés, en Vigo, segundo informa o Faro de Vigo. No interior da nave ten previsto a creación dun espazo para trasladar parte do seu arquivo, abrir salas de investigación e un museo cos seus fondos. E non son poucos. 2100 fotografías que documentan a conformación da zona industrial do porto de Vigo, pero tamén a emigración ou a chegada de busques históricos, canda documentos e expedientes e unhas 2000 publicacións. A información xa era consultable nestes momentos pero o seu traslado ao Berbés suporá unha tentativa de divulgación dese material pouco coñecido.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Faro de Vigo

Claves

Entidades
Lugares