Visitas guiadas inician as actividades do centro social que Caixanova abriu na Coruña

Con C de Coruña

Aínda que a inauguración oficial foi onte, a nova sede de Caixanova na Coruña estará dispoñible ao público a partir da semana que vén. Entre as actividades programadas para o novo espazo figuran unha serie de visitas guiadas polo edificio que foi construído en 1884 por Juan de Ciórraga, deseñador da maior parte das galerías da cidade herculina. Ademais, hai programados dous ciclos de conferencias. Un sobre xornalismo que contará coa presenza de Carrascal e outro sobre as relacións entre cine literatura ao que asistirá Mario Camus. Con este centro refórzase a oferta cultural coruñesa, que ademais da xa consolidada sede da Fundación Barrié, contará cun centro de Caixa Galicia en breve.

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e no web de Caixanova