A nova sede da Fundación Barrié en Vigo e o Centro Social Caixanova da Coruña amplían a oferta de equipamentos culturais

Aperturas culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Este outono Galicia verá incrementada a súa dotación de centros culturais da man de dúas entidades financeiras. A Fundación Barrié abre o vindeiro vinte e oito de outubro a súa nova sede en Vigo coa mostra “Galicia Industrial”. Para un pouco máis trade, a mediados de decembro, Caixanova prevé inaugurar o seu Centro Social na Coruña, que albergará unha Escola de Negocios e onde se ofrecerán ademais actuacións de teatro, música e danza.

Máis información no web da Barrié, no web da Caixanova e no noso tema sobre “Galicia Industrial”

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Vigo, Fundación Barrié, A Coruña...