Goya chega a A Coruña, onde será analizado, ensalzado criticado e admirado. No ciclo de conferencias "Francisco de Goya. Obras Mestras do Museo do Prado", que organiza a fundación Barrié, estudiaranse individualmente varias das obras mestras do pintor español. Especialistas de todo o mundo na obra de Goya acudirán semanalmente á cidade para poñer ó descuberto os mecanismos creativos dun xenio da pintura.
Primeira xornada
Nas conferencias pronunciadas onte, Juta held, doutora en Historia da Arte, sinalou os aspectos machistas de Goya que segundo ela se reflicten no xeito de representar as mulleres nos cadros de tema popular, asà coma o feito de que a súa obra marca o comezo da pintura histórica moderna. Segundo ela, Goya tiña unha granda capacidade para plasmar tipos populares e nas súas apinturas negras capta o sentido do pobo español.
O que resta
Nas vindeiras conferencias, que se celebrarán semanalmente analizaranse obras como "A familia de Carlos IV", as diferentes "Majas", "A condesa de Chinchón" ou as pinturas negras. Entre os convidados destacan especialistas como o escritor e estudioso Hugh Thomas, Janis Tomilson, Gonzalo Borrás ou Juliet Wilson-Bareau. Este é o terceiro ciclo que Fundación Barrié organiza coa Fundación Amigos do Prado.