"Sei quen es" gaña un Goya á mellor música orixinal

Goya de música

É o primeiro Goya para Galicia. A producción "Sei quen es" gañaba este sábado o premio Goya á mellor música orixinal. A primeira producción galega que consegue este galardón concorría ós premios en tres categorías: mellor dirección novel, mellor actor protagonista e mellor banda sonora. O sábado, na XV cerimonia de entrega celebrada en Madrid, Pancho Casal, da productora Continental recolleu o galardón compostor por José Nieto.


Doble sabor


O Goya que este sábado recibiu a producción de Continental ten un doble sabor. En primeiro lugar porque é o primeiro galardón desta categoría para unha producción audiovisual galega, ou practicamente maioritaria, e en segundo lugar porque foi elaborada pola Orquestra Sinfónica de Galicia. José Nieto foi o encargado de dirixir a gravación que se fixo no Pazo da Ópera de A Coruña. Cando Pancho Casal, da productora Continental, recolleu o premio este sábado no esqueceu o encargo que lle fixera José Nieto, que era o de agradecer o traballo realizado pola Orquestra Sinfónica de Galicia que dirixe Víctor Pablo.


Máis premios para o filme


Non é o primeiro galardón que recibe a película da productora Continental, que tamén participou en diferentes certames de todo o mundo no que acadaron os seguintes galardóns: Premio do público do "Festival de LLeida", premio á melllor dirección novel do "Festival Internacional de cine de Las Palmas", premio á mellor película, ó mellor actor, mención especial do xurado e premio do público no "Festival de Cine Español de Lorca"; premio á mellor e película e mellor actriz no "Avanca International Film Festival", premio á mellor película no "Festival do Carballiño", premio á mellor fotografía no "Festival du cinema espagnol de Toulouse" é premio á mellor película, mellor dirección e mellor guión no "Festival Ópera Prima de Tudela".


Os premiados


A entrega dos Goya este sábado tivo grandes sorpresas, ó converterse "El Bola" de Archero Mañas na gran vencedora obtendo catro dos cinco galardóns ós que estaba nominada (Mellor película, mellor guión orixinal, mellor dirección novel e mellor actor revelación). A película La Comunidad conseguiu tan só dúas estatuiñas ( mellor interpretación feminina protagonista e masculina de reparto). A película de José Luis Garci, "You are the one" obtivo os Goya pola mellor interpretación feminina de reparto, mellor montaxe, mellor dirección artística, mellor dirección de producción e mellor fotografía. A mellor dirección recaeu en Jose Luis Borau por "Leo"; a mellor interpretación masculina protagonista en Juan Luis Galiardo por "Adios con el corazón"; a mellor actriz revelación Laia Marull por "Fugitivas", e Bailar en la oscuridad, de Lans von Trier e Plata quemada de Marcelo Piñeyro conseguiron os Goya ás mellores películas estranxeiras de fala non hispana e hispana respectivamente. O Goya de honra foi para José Luis Dibildos.