Mellor dirección novel, mellor actor protagonista e mellor banda sonora son as categorías nas que competirá a producción cinematográfica galega "Sei quen es" na próxima edición dos Premios Goya, os máis importantes do cinema español, que se faiarán o próximo tres de febreiro. Este mesmo serán, a nova presidenta da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, a actriz Marisa Paredes, anunciaba a lista de nominados a esta XV Edición dos galardóns, entre os que figuraba o film galego, que competía nesta primeira escolma con outras 89 produccións.
Os rivais
O camiño ata conseguir a prezada estatuiña non será doado, xa que as categorías ás que está nominada "Sei quen es" figuran entre as de meirande importancia. Así, a directora Patricia Ferreira terá que competir na categoría de Mellor Dirección Novel con Daniel Monzón por "El corazón del guerrero", Cesc Gai por "Krámpack", e o gran favorito Achero Mañas por "El Bola". No apartado de Mellor Actor Protagonista, os rivais de Miguel Ángel Solá serán os veteranos Carmelo Gómez por "El Portero", Juan Luis Galiardo por "Adiós con el corazón" e Juan Diego Botto por "Plenilunio". Pola súa banda, a excelente banda sonora da película galega, a cargo de José Nieto, terase que enfrontar ás de "Asfalto", "La comunidad" e "Plenilunio".
Outros premios
Estas tres nominación ós Premios Goya supoñen o peche de ouro a un vertixinoso percorrido do film galego, que comezara coa súa estrea no Festival de Berlín 2000, no que estivo a só catro votos de ter gañado o Premio do Público. Despois chegaría o galardón do público no Festival de Lleida, o premio á mellor dirección novel do Festival Internacional de Cine de Las Palmas ou os recoñecementos como mellor película no Festival de Cine Español de Lorca e no Avanca International Film Festival.
XV Edición dos Goya
Tal e como se esperaba as películas "La comunidad" de Álex de la Iglesia, e a seleccionada pola Academia para optar ó Oscar, "You are the one" de José Luis Garci, foron as que acapararon a maioría de nominacións, optando a quince e catorce estatuiñas respectivamente, nunha edición na que a lista de candidatos por categoría reduciuse de cinco a catro nominacións.