Xeración Goya

A nova edición dos premios Goya parecen augurar un cambio xeneracional

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Nerea Barros bica o seu Goya por "mellor actriz revelación". Foto: RTVE

Nerea Barros bica o seu Goya por "mellor actriz revelación". Foto: RTVE

Máis diversificados territorialmente, os últimos premios Goya confirmaron o bo papel de Galicia no mundo actoral e auguran un certo cambio de ciclo no cinema, máis próximo ás salas e con focos máis repartidos por todo o Estado. Nerea Barros e Javier Gutiérrez confirman a boa presenza dos actores galegos.

Unha lectura en clave galega dos premios Goya pasa polos premios para o ferrolán Javier Gutiérrez a mellor actor e pola compostelana Nerea Barros a mellor actriz revelación. Javier Gutiérrez representa a un policía de turbio pasado no thriller La isla mínima e Nerea Barros a unha muller que perdeu ás súas fillas na mesma película.

La isla mínima foi sen dúbida o filme triunfador da velada, obtendo dez das dezasete estatuíñas ao que estaba nominado. Dirixido por Alberto Rodríguez, tamén tivo un gran éxito de público. O seu gran competidor era El niño, outro filme con forte presenza galega (a produtora principal era a coruñesa Vaca Films) e coa presenza actoral de Luís Tosar. El Niño saía con forza, con 16 nominacións, pero ao final quedou en catro premios.

Atrás tamén quedaron outras candidaturas galegas que non chegaron ao podio, coma a mellor guión adaptado para A Esmorga ou Paco de Lucía: la búsqueda, producida por Ziggurat Films con Anxo Rodríguez Rodríguez e Lucía Sánchez Varela.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Goya, Nerea Barros, Cine, Luís Tosar...

Claves

Protagonistas
Entidades