Todos os interesados en aprender a facer guións para cine e televisión teñen unha cita en Vigo. Dirixido por Xosé Cermeño, o curso desenvolverase do 1 de marzo ao 3 de maio en Vigo e terá como profesores a Pancho Casal, Jorge e Pepe Coira, Ángel de la Cruz, Suso Iglesias, Daniel Salgado e David Trueba. O curso está convocado pola Fundación Caixanova e ten un prezo de 400 euros. Os interesados deben inscribirse antes do 22 febreiro nas sucursais de Caixanova, fax (986-120099) ou correo electrónico (obrasocial@caixanova.com).