Caixanova propón dúas actividades para se introducir na creación literaria

Desenvólvense en Vigo e mais na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O traballo literario a través dos escritores é o título do curso de literatura que comeza hoxe no Espazo Literario Caixa Nova, en Vigo. Yolanda Castaño abrirá as sesións coa clase Escribir poesía no século XXI. Ampliar a profundidade de campo. canda a ela, autores coma Antón Reixa, Rubén Ruibal, Ramón Nicolás ou Cesáreo Sánchez iglesias impartirán cadansúa charla ata o vindeiro 21 de maio de 2009. A cita é hoxe ás 20h da tarde no Centro Social Caixanova de Vigo. A mesma Fundación anuncia para a Coruña a celebración dun taller de creación literaria entre os meses de decembro e xaneiro da man do escritor Francisco Castro.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Caixanova, A Coruña, Francisco Castro...