Unha homenaxe recorda en Francia aos fusilados no “Proceso dos 42” entre os que hai un galego

A primeira dunha serie

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A localidade francesa de Nantes celebra mañá a súa anual homenaxe aos fusilados polos alemáns no coñecido como “Proceso dos 42”. Entre os que faleceron a mans dos nazis había un galego, Alfredo Gómez Ollero, que se exiliou a Francia trala guerra civil. Os familiares de Alfredo asistirán mañá á homenaxe que lle renderán as autoridades francesas. Aínda que é habitual que ano tras ano se recorde a efeméride, os familiares de Alfredo Gómez acoden por primeira vez porque hai pouco que coñeceron o destino do militante comunista.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francia, Guerra Civil, Galicia Hoxe

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares