Os datos do INE rebaixan nun 29% o número de turistas en Galicia

Visitas si, pero menos

29/1/2001 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
6 lecturas | Compartido 0 veces
As contas non cadran. E referímonos ás que a Xunta de Galicia ofreceu a semana pasada sobre o número de visitantes que estiveron aquí no ano 2001. Ou polo menos non corresponden cos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) que fai públicos hoxe Faro de Vigo. E a diferencia está en 725.000 viaxeiros que non se sabe se visitaron ou non Galicia durante o ano pasado. Para a Xunta de Galicia, foron 3,247 millóns de persoas, mentres que para o INE só foron 2,522 millóns.
Datos


Baile de datos sobre o número de turistas que visitaron Galicia. Cadaquen ofrece as súas propias estatísticas, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Turismo da Xunta, asegurou a semana pasada que 3.247 millóns de persoas estiveron en Galicia o ano pasado. E con 725.000 persoas menos, o Instituto Nacional de Estatística asegura que só foron 2.522 millóns o que supón un 29% menos e o que deixa a Galicia como oitavo destino preferido entre os sitios turísticos de toda España.
Ademais, no Faro de Vigo, a Dirección Xeral da Xunta asegura que "probablemente se deba a que usamos fontes distintas, co que saen resultados diferentes, aínda que non sabemos exactamente a que se debe o resultado dispar". Asimesmo, desde fondes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, relevadas ó xornal aseguraron que se poñerían en contacto co INE para poder "harmonizar esas cifras".












Por provincias


Os datos dados a coñecer polo INE están detallados por provincias, o que revela que a cifra dos viaxeiros supón un descenso con respecto ó ano anterior. Aínda que é unha diminución bastante pequena, un 1% supón un cambio na tendencia á alza que apuntaba a Xunta de Galicia. Neses datos por provincias temos que, segundo a Enquisa de Ocupación en Aloxamentos Turísticos facilitada polo INE na provincia de A Coruña aloxáronse un total de 1.030.900 viaxeiros (un 6% menos, que o sitúa na provincia que máis visitas perde). O resto de provincias conseguiron aumentar o ránking de visitas, aínda que fosen mínimas (Lugo foi a experimentou un maior crecemento, cun 5%, Ourense a seguinte cun modesto 2.9 por cento e Pontevedra medrou un 1.7 %. E, en datos absolutos, temos que darlle a volta a este ranking, xa que segue sendo A Coruña con maior número de visitantes, seguidna de Pontevedra, Ourense e LUgo.




Os destinos

O informe dado a coñecer pola Xunta de Galicia, tamén manexaba datos relativos á procedencia e ó destino dos propios turistas. Datos nos que tamén se pode apreciar algunha diferencia cos resutlados que ofrecía o INE. Segundo este último a maior parte dos visitantes que se desprazaron ata Galicia durante o ano pasado foron españoles (con 32.8 millóns) fronte os 27 millóns que proceden do estranxeiro. Uns visitantes que chegan, principalmente, desde Alemaña e Gran Bretaña e que representan, respectivamente, o 31 e 30% da xente que pernocta en Galicia (un feito que diminuiu un 0.4% con respecto ó ano pasado e que deixa a estadía media en 4 días).


Universo culturagalega.gal