Unha análise sobre a emigración galega en Rio de Janeiro valeulle á brasileira Erica Sarmiento o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. O galardón, dotado con seis mil euros, inclúe a edición do traballo na editorial Sotelo Blanco. Por outra banda, o antropólogo ourensán Santiago Genovés foi galardoado por México coa Gran Cruz do Mérito Civil como "destacado representante do exilio español". Genovés ten realizado un intenso labor antropolóxico en campos coma o xénero, a especie e a raza.
Máis información en Galicia Hoxe sobre o premio Risco, sobre sobre o recoñecemento a Genovés