O sector audiovisual escolle hoxe unha comisión para presentar unha alternativa ao modelo de subvencións

Mellorando o borrador

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Cando a Xunta presentou o seu borrador de subvencións o pasado mes de decembro apuntaba a necesidade de contar con todos os integrantes do sector. Pois ben, o modelo do goberno exposto por Manolo González (que diferenciaba un modelo de produción ou coprodución maioritaria e unha coprodución minoritaria galega para acceder ás subvencións) pode contar cunha contraproposta. Segundo publican os xornais do Grupo Correo Gallego, hoxe reúnense os integrantes de AGAPI e AEGA para consensuar un modelo que lle presentar ao goberno de cara ás subvencións deste 2006.

Máis información sobre a proposta de Manolo González no noso tema e sobre a reacción do sector en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manolo González, Galicia Hoxe, Culturagalega, Medios de comunicación...