Áurea Rey convértese na primeira muller á fronte do Círculo de Artesanos

Hai que mudar

Sopran novos aires para o Circo de Artesanos da cidade da Coruña. Trala mala situación tanto cultural, pola escaseza de programas, como económica, cunha dédeda que ronda os 54.000 euros (uns nove millóns de pesetas), chega unha nova era. E esa é a que se deriva das eleccións celebradas onte; unha xornada na que venceu por unha escasa marxe (por 4 votos) a candidatura de Áurea Rey, sobre a da empresaria coruñesa Julieta Gundín. Unha victoria que supón ademais, a entrada dunha muller na sociedade máis antiga de todo o estado español.

Novos aires

Tras conseguir unha escasa victoria de catro votos (80 fronte a 76), Áurea Rey amosouse convencida en levar adiante todo o seu proxecto de goberno. Un mandato que se vai a ver marcado pola grave crise económica (que ascende a uns 55.000 euros - uns nove millóns de pesetas-) e que ten unha crise de socios.
O seu mandato á fronte da institución céntrase en tres piares claves: superar a grave crise económica que padece a entidade, recuperar o prestixio que tivo no pasado e aumentar o número de socios.
Para poder conseguir todos os seus propósitos, Áurea Rey, mantén unha estratexia que pretenderá implicar a todos os grupos políticos, económicos e sociais relacionados coa institución. De feito, a derrotada nas eleccións celebradas onte, a empresaria Julieta Gundín, tamén quixo aportar o seu gran de area para o proxecto que se desenvolve no futuro.
Áurea Rey desenvolverá en primeiro lugar, unha campaña para captar fondos das institucións públicas, co obxecto de devolverlle ese prestixio do que gozou na súa creación.












Unha institución histórica


O Círculo de Artesanos é unha institución fundada na Coruña en 1847 co nome de Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. Tivo como primeiro presidente a Jose Jorge Yáñez, un coñecido personaxe da época. Na súa orixe foi concebida como un centro ou unha sociedade de socorros mutuos formada só por artesáns, pero que co paso do tempo foise abrindo á burguesía. De feito, moitas das actividades que o círculo organiza hoxe en día están moi relacionadas con actividades propias da burguesía.
A de onte foi unha xuntanza importante, entre outras cousas porque foi a primeira muller que forma parte da directiva deste centro. E por outra banda, porque é a asociación máis antiga de todo o estado español.