A Coruña ocupa o segundo posto de ciudades coa entrada de cine máis cara

As entradas encarecéronse un 6.7% con respecto a 2009

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Malia que Lugo e A Coruña están a menos de cen quilómetros, ir ao cinema en ambas ciudades supón 3.5 euros de diferenza. A asociación de consumidores en acción Facua acaba de presentar un informe sobre o prezo das cincuenta capitais de provincia no que A Coruña é a segunda capital máis cara do estado, mentres que Lugo está entre as máis baratas. A entrada en día laboral custa na Coruña 7.50 euros mentres que en Lugo son só 4 euros, a media de todo o estado é de 6.35 euros, o que supón un 6.7% máis que no 2009. O informe tamén analiza a diferenza de nivel nacional entre o prezo dunha entrda para unha película normal e unha en tres dimensión en cine con 3D é do 40,2%.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Cine, Lugo, Medios de comunicación

Claves

Lugares