Ademais da xa anunciada sinatura do convenio de colaboración co Museo de Arte Contemporánea de Vigo e do acordo coa Xunta sobre o Camiño de Santiago, a visita da ministra de Cultura Carme Calvo a Galicia deu en varias novas. Por unha banda, Calvo anunciou o seu apoio á recuperación do Castro de Elviña e ao proxecto da Casa da Historia na Coruña. Ademais, asegurou que xa existe unha partida de 30.000 euros para instalar nesta cidade o Museo da Ciencia. Por outra banda, descartou que Vigo vaia contar cunha biblioteca estatal. Coincidindo coa súa visita, sabemos que o teatro Jofre de Ferrol se incorporará á Rede de Teatros e Auditorios que depende do Ministerio.
Máis información en El Correo Gallego, en La Opinión, en La Voz de Galicia en Diario de Ferrol e nos nosos arquivos