As obras impiden a inauguración do Teatro Jofre mentres anuncian unha remodelación a fondo no Museo Quiñones de León

Obras paradas e obras en avance

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Finalmente non puido ser. A pesar das xestións que o Concello de Ferrol desenvolveu para poder inaugurar o Teatro Jofre hoxe, como estaba previsto, non conseguiu o permiso que permite a realización de actos públicos no seu interior. Continúan os contactos co director xeral de Arquitectura do Ministerio de Vivenda para ver de modificar a situación legal do edificio, polo momento considerado obra aberta. Pola súa banda, o Pazo Quiñones de León comezará en breve as obras dunha grande reforma. Segundo anunciaba onte o Concello de Vigo, un total de 722.000 irán á recuperación de diferentes dependencias deste pazo, entre as actuacións en marcha e as previstas. Ata o verán desenvolveranse traballos na capela, a sala de arqueoloxía, o estanque e varios muros.

Máis información sobre o Jofre no Diario de Ferrol, en El Correo Gallego e nos nosos arquivos; sobre o Quiñones de León en Faro de Vigo e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Jofre, Culturagalega, Museo Quiñones de León...