O Jofre inaugurarase definitivamente o vindeiro día doce e a Biblioteca Central Ferrolá abrirá as súas portas en 2006

Aperturas ferrolás

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Ferrol verá en breve a apertura de dous destacados establecementos culturais. Por unha banda, o Teatro Jofre abrirá definitivamente as súas portas o vindeiro día doce, logo de conseguir o permiso do Ministerio de Vivenda. Un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia porá en marcha a programación do centro. Para o vindeiro ano está prevista, tamén en Ferrol, a apertura da Biblioteca Central, que levaba cinco anos fechada ao público. O apoio económico da Deputación da Coruña permitirá finalizar unhas obras de acondicionamento que comezaran en 2001.

Máis información sobre a apertura do Jofre en La Voz de Galicia; sobre a biblioteca en Diario de Ferrol ; máis sobre o Jofre nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Orquestra Sinfónica de Galicia, Teatro, Teatro Jofre...