Un estudo da Universidade de Vigo revela que os galegos están dispostos a pagar para mellorar a conservación do monte

Pago por natureza

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
"Beneficios e custos sociais da conservación da Rede Natura 2000" é o título do Estudo que presentaban recentemente os profesores da Universidade de Vigo Albino Prada, María Xosé Vázquez e Mario Soliño. A partir das enquisas que realizaron entre a poboación para esta análise os investigadores conclúen que cada familia estaría disposta a achegar ata 122 euros anuais para coidar os espazos protexidos, que os galegos preferimos os bosques caducifolios fronte aos monocultivos de piñeiros e de eucaliptos e que apostamos porque a superficie protexida por este programa chegue ata o 15% do territorio galego.

Máis información en Galicia Hoxe, no web da Universidade de Vigoe nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Natureza, Rede Natura, Galicia Hoxe...