A Federación Ecoloxista fai un resumo do ano no que cualifica o 2005 coma horrible para o noso medio

O (d)ano ecolóxico

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Aínda que recoñece que as medidas de paralizar a construción de minicentrais ou o compromiso co Protocolo de Kioto supoñen un avance na protección do noso medio, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) suspende en xeral a situación ambiental do noso país no 2005. Deste xeito, este colectivo apunta a desaparición do corpo de gardas que vixiaba os espazos naturais, a falta de apoio á rede Natura 2000 ou a continuidade de agresións a medios naturais por mor da produción eléctrica como principais problemas do ano que fina, que non dubidan en cualificar de "annus horribilis".

Máis información no web da FEG; e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Natura, Galicia Hoxe, Federación Ecoloxista Galega